DÍA DA PAZ
Este ano, na semana da Paz, fixemos moitas cousas.O primeiro día cada vez que atopamos a alguén tiñanos que adicarlle o noso mellor sorriso. Estivemos moi alegres durante todo o día e non tivemos tempo de enfadarnos.
O martes demonos mooiiittaass apertas. Que ben sentan!!!
O mércores pensamos piropos para todos xa que a todos nos gusta que nos digan o que valemos.
O xoves collemos menxases segredas que fixemos ao longo da semana para quen as precisase do noso mural da pomba máxica.
E por último decidimos facer un acto solidario coa xente do pobo que non o está pasando moi ben. Trouxemos un kilo de algún alimento a cambio dun bocata e unha peza de froita.
Ademáis aprendemos que todos temos un lado "villano/a" e un lado de "heroe/heroína". E decidimos plasmalo nunha árbore no corredor. Sabedes.... preferimos o lado das cores onde están os actos que nos fan sentir ben!!!
SOMOS HEROES/HEROÍNAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario