RESUMO DO PRIMEIRO TRIMESTRE
Este curso o proxecto a traballar son os "bechos". Quinto e sexto decidimos centrar as nosas investigacións nas arañas. Témoslle un pouco de noxo pero esperamos que ao coñecelas mellor aprendamos a aprecialas e a respetalas.
Aquí tendes unhas fotos con algunhas actividades que fixemos:
En samaín quixemos dar moitooo meeddooo á xente que visitaba o cole e para iso fixemos...
UN TÚNEL DO TERROR!!!
As lámpadas fixémolas nos con botes de cristal e papel de seda. Quedaron espectaculares...!!!
Ademáis preparamos unha lectura de terror para os nenos de infantil.
Polo Nadal decoramos os corredores e fixemos un concurso de postais.
A semana da Paz fixemos un montón de actividades no centro: apertas, sorrisos, piropos... pero o que máis nos gustou foi facer o mural dos pensamentos positivos e a árbore das acción positivas e negativas para conseguir a Paz. Ao final descubrimos que preferimos ser héroes ou heroínas antes que villanos e villanas
No hay comentarios:
Publicar un comentario