27 mar 2017

SEMANA DA POESÍA E DÍA DE ROSALÍA

 
 
ROSALÍA...ROSALÍA...!!!
 
 
Este ano decidimos celebrar o día de Rosalía e o día da poesía o mesmo día (21 de marzo), xa que foi a escritora máis relevante da literatura galega. Indagamos moito sobre ela para facer un power point sobre a súa vida e...incluso ensaiamos un rap que logo cantamos ante todo o cole.
 
O festival estivo moi divertido. Ademáis dos nosos traballos tamén estaban os caligramas de educación Infantil, o recitado de poemas do primeiro ciclo e as aclaracións sobre a temática traballada (caligrama, poesía, Rosalía...)dos nosos compañeiros de terceiro e cuarto.

 


 

AVESPA VELUTINA!!!

O pasado luns día 13 de marzo viñeron ao cole para darnos unha charla a asociación de apicultores do Morrazo (DAGA). Xa sabedes que este curso estamos a traballar coa temática dos "bichos" así que aínda que xa estabamos familiarizados co marabilloso mundo das abellas, esta charla sobre a ameaza da avespa Velutina axudounos a entender mellor porqué debe ser combatida e mesmo aprendemos a facer trampas que colocaremos nalgunhas árbores do cole.
Curiosamente ao día seguinte atopamos unha no cole e puidemos comprobar os nosos coñecementos...




14 mar 2017

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

SOLANGE PEREIRA: A NOSA HEROÍNA!!!
Despois de traballar moi duro toda a semana (como vistes na entrada anterior), tivemos una visita moi especial no cole: Solange Pereira.
Ela é a campiona de España de atletismo e é de Cangas. Contounos un montón de cousas sobre a súa infancia e o seu deporte. Pero o que máis nos sorprendeu foi a diferencia que hai no deporte entre homes e mulleres.
Estamos moi orgullosos de ti!!!


DÍA DA MULLER




CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Con motivo do día da muller traballadora, estivemos buscando información sobre a importancia da muller na historia. Estudiamos a María Soliño, Amelia Earheart, Sally Ride, Isabel A Católica...
Investigamos moito e coa información fixemos unas fichas para un libro da biblio e un supermural.
Aprendemos moitas cousas que non sabíamos.
GRACIAS A TODAS POR TODO O VOSO TRABALLO!!!