23 nov 2009


Aquí tedes a letra e música da "Carolina", imos aprendela e cantala:

A CAROLINA

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailache.
Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
véstese pola cabeza
e díspese polos pés.

Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.
Dime con quen bailache.
Bailei co coronel (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quen bailaches.
Bailei co meu Xosé (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.

No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailache.
Bailei co meu amor. (tres veces)

Co teu amor, Carolina,
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar. BIS

16 nov 2009

Acrósticos da Castaña

Cando no cole
Asamos castañas
Saímos ao potio
Turramos da corda
Andamos nos zancos
Ñáñaras fóra!
Alédase a escola
( Alicia 6º)

Castañas
Asadas
Sempre quentiñas
Tan ricas
Antes do Nadal
Ñan, ñan!
Agora no outono.
(Antón 6º





Castañas
Asada
Sempre deliciosas
Tan quentes e saborosas
A miúdo como moita
Ñan, ñan Que ricas están!
Agora xa
(Mari Paz 6º)

Cando chega o magosto
A xente vai as castañas
Senón, non se poden asar
Todo está listo, só falta as brasas
Agora que asadas están
Ñan, ñan
A comelas xa!
(Ana 6º)






Colorida
Amarronada
Saltona
Triste
Agarimosa
Ñandina
Axeitada
( Daniel Docampo 6º)

10 nov 2009

O Magosto



Se o tempo o permite, este Venres día 13 de Novembro celebraremos o Magosto na nosa Escola.
¡ Cantas castañas imos a comer !

5 nov 2009


Así rematamos o curso pasado