27 mar 2017

AVESPA VELUTINA!!!

O pasado luns día 13 de marzo viñeron ao cole para darnos unha charla a asociación de apicultores do Morrazo (DAGA). Xa sabedes que este curso estamos a traballar coa temática dos "bichos" así que aínda que xa estabamos familiarizados co marabilloso mundo das abellas, esta charla sobre a ameaza da avespa Velutina axudounos a entender mellor porqué debe ser combatida e mesmo aprendemos a facer trampas que colocaremos nalgunhas árbores do cole.
Curiosamente ao día seguinte atopamos unha no cole e puidemos comprobar os nosos coñecementos...




No hay comentarios:

Publicar un comentario