24 mar 2011

Bailador (Berrogüetto)

Aquí tedes a canción do mes, Bailador de Berrogüetto, esperamos que vos guste tanto como a nós:


Bailador, baila con ela,
bailador, baila con ela,
que che ten unha cariña,
parece unha madalena.
Bailador...

Fuches entrando no baile,
fuches entrando depresa,
antes que do baile saias
has de quitar a camisa.
Antes...

Para a semana que vén,
hei de arar a miña roza,
rego abaixo, rego arriba,
coa miña vaquiña roxa.
Rego...