13 jun. 2017

Excursión 6º

   
                       
                                          


                           EXCURSIÓN DE 6º A XESTEIRA


O alumnado de 6º foi de excursión a para vivir unha experiencia nova. Estiveron 3 días disfrutando da natureza.

Alí disfrutaron de talleres,arqueoloxía,espeloxía,bioloxía...
Tamén fixeron excursión para coñecer o noso entorno.

O pasaron de MARABILLA!!!







21 may. 2017

Día das letras Galegas



 DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio celebramos o día das letras galegas na  escola .  Os nenos /as de 3º  e 4º fixeron un power point sobre a vida e contos de Carlos Casares ao que se lle adicou este ano este día tan especial.
Logo fixemos un xogo no que estivemos en grupos . Habían varias pistas: unhas para atopar contos na biblio e outras   de pensar. Estas leváronnos a distintos libros de Carlos Casares .

Pásamolo moi ben :)



 



14 may. 2017

CORRELINGUA

CORRELINGUA EN MOAÑA

Hoxe fomos ao correlingua en Moaña. Fixemos una andaina grande e despois disfrutamos dun concerto. Por certo...a que estamos guapos coas nosas camisetas?






 

CONCURSO DE RELATOS CURTOS

RELATOS CURTOS

Hoxe recibimos a noticia de que a nosa compañeira de quinto Alba quedou finalista no concurso de relatos curtos no que participamos meses atrás.

PARABÉNS!!!!

 

6 may. 2017

REMO


SOMOS REMEIROS 

Hoxe fomos ao Clube de Remo de Cangas . Primeiro ensináronnos a remar nun foso. Foi unha actividade doada e divertida. Despois coñecemos as instalacións e os distintos tipos de traiñas e de remos . Máis tarde competimos no energómetro  e finalmente fomos á lonxa.
 
Gustounos moito!!!!
 

 




Teatro




A NENA QUE  QUERIA NAVEGAR

Onte fomos ao teatro a Cangas . Titulábase "A NENA QUE QUERIA NAVEGAR " .Trataba sobre unha nena que lle facían bulling e quería desaparecer . Pasámolo moi ben e aprendemos a querernos moito a nos mesmos . 




OS MAIOS

OS NOSOS MAIOS

Este venres celebramos os Maios no colexio .
Este ano pasámolo moi ben , disfrazámonos de Maios con xestas e tamén fixemos colares e pulseiras feitas de flores. Quedaron moi chulas .