4 nov 2010

Edilim sobre Pontevedra

Aquí tedes un Edilim elaborado polos mestres do CEIP San Martiño de Salcedo sobre a cidade de Pontevedra.


1 nov 2010

ACRÓSTICOS DO OUTONO

Cando chega o outono
Ass castañas caen xa
Son todas saborosas
Todos as imos apañar
A montaña de arriba
Ñan ñan que ricas están
Agora toca comélas xa!
Iván 5º Primaria




Os ourizos comezan a regañar
Uf as castañas deixan cair
Todos as queremos coller
Oh! que magosto imos facer
Non vamos parar de comer
Outro ano máis, vamos cantar!

Ana 5º de Primaria.

Mañá o magosto será
Antes castañas hai que apañar
Gustosas as castañas estarán
Outro ano o magosto toca celebrar
Sempre o pasamos xenial
Todos e todas imos disfrutar
O magosto é fenomenal

Andrés 5º de Primaria.

Castañas, que boas
Asadas, cocidas...
Sempre ricas están
Todos xuntos a comelas
Ai, ai, que ledicia
Ñac, ñac, ñac,
Así contentos os nenos/sa están.

Romina 5º de Primaria.

15 oct 2010

Canción do Samaín

Aquí tedes un vídeo coa canción do Samaín de "Mama Cabra" (Cd "Patatín patatán". O vídeo foi elaborado polo equipo da biblioteca do CEIP Mestres Goldar.

22 sept 2010

Touporroutou

Empezamos novo curso e este ano seguiremos aprendendo cancións, ditos e recitados en galego, aí vos vai o primeiro:

Touporroutou
- Touporroutou, vou para Roma.
- Touporroutou, por unha corredoira.
- Touporroutou, ¿que vas buscar?
- Touporroutou, unha presa de sal.
- Touporroutou, ¿para que é o sal?
- Touporroutou, para botarlles ás verzas.
- Touporroutou, ¿para que son as verzas?
- Touporroutou, para botarlle ó caldo.
- Touporroutou, ¿para que é o caldo?
- Touporroutou, para botarlles ás galiñas.
- Touporroutou, ¿para que son as galiñas?
- Touporroutou, para poñer ovos.
- Touporroutou, ¿para que son os ovos?
- Touporroutou, ¡para comelos todos!.

Podedes traer a clase de música as culleres e así acompañamos a canción a ritmo de muiñeira.

26 may 2010

Canción dos pitufos

Aquí tedes a canción coa que vamos facer un musical para o festival de fin de curso.

11 may 2010

No niño novo do vento

Canción para o terceiro trimestre:

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada. (bis)

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo. (bis)

Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo. (bis)

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.(bis)

Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada. (bis)

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo (bis)

Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio. (bis)

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

26 abr 2010

O Maio no colexio


Para os que non se lembran da canción do noso Maio aquí a tedes para aprendela:

Eiqui ven o Maio,
vestidos de xestas,
para darlle as grazas
a señora Teresa.

Eiqui ven o Maio,
vestido de flores
para darlle as grazas
a señora Dolores.

Eiqui ven o Maio,
por riba dos tellados,
eiqui ven o Maio
de roubar os espantallos.

Eiqui ven o Maio,
por riba das testas,
eiqui ven o Maio,
vestido de xestas.

Eiqui ven o Maio
pola Costa da Vela,
eiqui ven o Maio
camiño de Compostela.

Eiqui ven o Maio
pola pescadería,
eiqui ven o Maio
camiño da Romaría.

Eiqui ven o Maio
polos muros da eira,
eiqui ven o Maio
do colexio de Espiñeira.