14 may 2017

CONCURSO DE RELATOS CURTOS

RELATOS CURTOS

Hoxe recibimos a noticia de que a nosa compañeira de quinto Alba quedou finalista no concurso de relatos curtos no que participamos meses atrás.

PARABÉNS!!!!

 

6 may 2017

REMO


SOMOS REMEIROS 

Hoxe fomos ao Clube de Remo de Cangas . Primeiro ensináronnos a remar nun foso. Foi unha actividade doada e divertida. Despois coñecemos as instalacións e os distintos tipos de traiñas e de remos . Máis tarde competimos no energómetro  e finalmente fomos á lonxa.
 
Gustounos moito!!!!
 

 




Teatro




A NENA QUE  QUERIA NAVEGAR

Onte fomos ao teatro a Cangas . Titulábase "A NENA QUE QUERIA NAVEGAR " .Trataba sobre unha nena que lle facían bulling e quería desaparecer . Pasámolo moi ben e aprendemos a querernos moito a nos mesmos . 




OS MAIOS

OS NOSOS MAIOS

Este venres celebramos os Maios no colexio .
Este ano pasámolo moi ben , disfrazámonos de Maios con xestas e tamén fixemos colares e pulseiras feitas de flores. Quedaron moi chulas .






3 may 2017

DÍA DO LIBRO

LECTAURANTE

Con motivo do día do libro, no cole fomos xantar.
Si, si...xantar. Pero tivemos un menú especial: LIBROS

Os nosos compañeiros, os axudantes de Espiñeiriña, fixeron de camareros para ese restaurante tan especial.

Fixeron grupos con todo o cole, e acompañáronnos a nosa mesa. Despois servíoronnos os dous pratos principais e o postre. 
Os maiores lemos aos pequenos e despois decoramos un salvamanteis coa escena que máis nos gustou de todos eles.

Foi un día que non esqueceremos nunca!!!






24 abr 2017




CREAMOS UN MANIQUIN CHANGELLE
 
 

Maniquin challenge power point de Espinheira Aldan



E aquí tendes o manequin rematado. Esperamos que vos guste!!!


 

21 abr 2017

MAXIA...



MAXIA..MAXIA...
 
 
Hoxe fomos ao festival de maxia que tiña lugar en Marín. Foi divertidísimo e o mago fixo uns trucos que aínda agora estamos pensando cómo os fixo....