Empezamos novo curso e este ano seguiremos aprendendo cancións, ditos e recitados en galego, aí vos vai o primeiro:
Touporroutou
- Touporroutou, vou para Roma.
- Touporroutou, por unha corredoira.
- Touporroutou, ¿que vas buscar?
- Touporroutou, unha presa de sal.
- Touporroutou, ¿para que é o sal?
- Touporroutou, para botarlles ás verzas.
- Touporroutou, ¿para que son as verzas?
- Touporroutou, para botarlle ó caldo.
- Touporroutou, ¿para que é o caldo?
- Touporroutou, para botarlles ás galiñas.
- Touporroutou, ¿para que son as galiñas?
- Touporroutou, para poñer ovos.
- Touporroutou, ¿para que son os ovos?
- Touporroutou, ¡para comelos todos!.
Podedes traer a clase de música as culleres e así acompañamos a canción a ritmo de muiñeira.
22 sept 2010
26 may 2010
Canción dos pitufos
Aquí tedes a canción coa que vamos facer un musical para o festival de fin de curso.
11 may 2010
No niño novo do vento
Canción para o terceiro trimestre:
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada. (bis)
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo. (bis)
Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo. (bis)
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.(bis)
Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada. (bis)
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo (bis)
Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio. (bis)
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada. (bis)
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo. (bis)
Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo. (bis)
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.(bis)
Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada. (bis)
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo (bis)
Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio. (bis)
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.
26 abr 2010
O Maio no colexio
Para os que non se lembran da canción do noso Maio aquí a tedes para aprendela:
Eiqui ven o Maio,
vestidos de xestas,
para darlle as grazas
a señora Teresa.
Eiqui ven o Maio,
vestido de flores
para darlle as grazas
a señora Dolores.
Eiqui ven o Maio,
por riba dos tellados,
eiqui ven o Maio
de roubar os espantallos.
Eiqui ven o Maio,
por riba das testas,
eiqui ven o Maio,
vestido de xestas.
Eiqui ven o Maio
pola Costa da Vela,
eiqui ven o Maio
camiño de Compostela.
Eiqui ven o Maio
pola pescadería,
eiqui ven o Maio
camiño da Romaría.
Eiqui ven o Maio
polos muros da eira,
eiqui ven o Maio
do colexio de Espiñeira.
1 mar 2010
O GATO
O GATO
Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.
Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis. (Bis)
Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.
Vai o gato...
Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira
Vai o gato...
Artigo do "País" publicada o 8/9/2009 "El gato de A Roda tenía tiña"
Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.
Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis. (Bis)
Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.
Vai o gato...
Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira
Vai o gato...
Artigo do "País" publicada o 8/9/2009 "El gato de A Roda tenía tiña"
24 feb 2010
Rosalía de Castro
Hoxe, 24 de febreiro, é o dia escolar dedicado a Rosalía de Castro. Dedícaselle este día porque é o aniversari do seu nacemento (24 de febriro de 1837). Se temos que decir algo breve sobre ela resaltaremos que é : "Unha das figuras indispensables na literatura do século XIX. Está considerada como unha das mellores escritoras en Lingua Galega e tamén unha das principais responsables do Rexurdimento da cultura e lingua galega."
Este ano, no entroido, unha das alumnas de 6º, foi disfrazada de Rosalia . Que libro levaba?
Para sabelo podedes mirar as fotos do entroido a ver se a atopades
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
