28 feb 2017

ENTROIDO

QUE VEÑEN OS BECHOS!!!
 
Este ano no entroido decidimos facer o noso propio disfraz. Como xa vos informamos traballamos como proxecto as arañas polo que....SORPRESA!!!    
 
 Vamos disfrazados de arañas!!!
 
Para facelo tivemos que coser moito e traballar en equipo para poder lucir moi guapos ese día.
Tamén fixemos una tea onde cairon os demáis bechos do cole (bolboretas, abellas e moscas).






 
 
Para coller forzas para o desfile, merendamos postres típicos do entroido. Que bos estaban!!!
 
 

 
 
 
E...por fin.... saímos.
 
Que divertido!!!
 





ENTROIDO

Xa comenza o entroido!!!
 
 
Para darlle paso a estas festas tan divertidas, pensamos que era divertido vir disfrazados ao cole.
Non nos equivocamos...
 



 

19 feb 2017

QUE RICA A FROITA...!!!
 
Esta semana tivemos a segunda semana da froita. Esta vez comemos mazá, pera, kiwi, piña e amorodos. Estaban boísimas!!!


                                                      


 


7 feb 2017

SAÍDAS A CONTORNA

SAÍDAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE
 
A primeira visita que fixemos foi para coñecer o mundo do mar. Visitamos a lonxa de Cangas, o porto de Aldán e o cocedeiro.
 
Isto permitiunos coñecer os peixes e mariscos da nosa ría, especialmente o mexilón.
 















 



Para celebrar o día en contra da violencia de xénero estampamos camisetas para poñelas o día 25 de novembro que fomos a Cangas para poder cantar e bailar todos xuntos a canción "Un beso redondo". Pasámolo xenial!!
 
 
 


 









ALGUNHAS ACTIVIDADES DE AULA



RESUMO DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Este curso o proxecto a traballar son os "bechos". Quinto e sexto decidimos centrar as nosas investigacións nas arañas. Témoslle un pouco de noxo pero esperamos que ao coñecelas mellor aprendamos a aprecialas e a respetalas. 
Aquí tendes unhas fotos con algunhas actividades que fixemos:  









En samaín quixemos dar moitooo meeddooo á xente que visitaba o cole e para iso fixemos...
 
UN TÚNEL DO TERROR!!!

As lámpadas fixémolas nos con botes de cristal e papel de seda. Quedaron espectaculares...!!!
Ademáis preparamos unha lectura de terror para os nenos de infantil.























 
Polo Nadal decoramos os corredores e fixemos un concurso de postais.




 



















A semana da Paz fixemos un montón de actividades no centro: apertas, sorrisos, piropos... pero o que máis nos gustou foi facer o mural dos pensamentos positivos e a árbore das acción positivas e negativas para conseguir a Paz. Ao final descubrimos que preferimos ser héroes ou heroínas antes que villanos e villanas